Wednesday 24 de April de 2024

O Concello de Brión convoca dous cursos gratuítos sobre emprego e emprendemento


O Concello de Brión prepara dous obradoiros para a busca de emprego, que terán lugar no centro social polivalente todos os martes e xoves entre o 25 de outubro e o 29 de novembro. Aínda que a inscrición é de balde, en ambos casos é preciso anotarse na Casa da Cultura de Brión, no 981 50 99 08 ou en voluntariado@briondixital.org ata una semana antes do inicio de cada curso. En ambos casos é preciso un mínimo de 8 persoas para a súa realización, tendo preferencia os veciños e veciñas de Brión.

O obradoiro “Falando de emprego” terá lugar todos os martes e xoves, de 20:00 a 21:30 horas, entre o 25 de outubro e o 10 de novembro. Nel o alumnado aprenderá a preparar as entrevistas de traballo e técnicas para buscar emprego dun xeito activo. O obradoiro “Falando de emprendemento” terá lugar todos os martes e xoves, de 19:00 a 20:00 horas, entre o 15 e o 29 de novembro. Nel tentarase de dar resposta a todas as dúbidas que poida ter o alumnado sobre as vantaxes de funcionar como autónomo ou como empresa, que tipo de contrato é máis beneficioso, como relacionarse con Facenda, etc.